Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de enero de 2011

Idea de negocio

Extracto de una conversación por el messenger. No puedo decir con quien, que no me ha dado permiso:

­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:42:43] ­madre mia
    [13:42:47] ­non me preguntes como
    [13:42:52] ­pero acabo de encontrar un blog
    [13:43:09] ­de unha tia que explica como ser anoréxica... pouco máis ou menos con todas as letras
- dice:
    [13:43:21] ­si, xa oin falar de eles
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:43:24] ­en plan apologia dos desordenes alimentarios, vaia
- dice:
    [13:43:25] ­varias veces nos periodicos
    [13:43:41] ­polo visto a anorexia poñenlle nome: ana
    [13:43:48] ­e a bulimia chamanlle de outra forma: mía
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:43:50] ­xusto
­- dice:
    [13:43:51] ­como se foran persoas
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:43:56] ­xustamente
­    [13:44:26] ­eu nunca tal oira
    [13:44:34] ­e quedeime flipando, vamos
­- dice:
    [13:44:34] ­a min estranoume cando o oin
    [13:44:51] ­¿como pode haber unha paxina na que a xente explica como se esta matando de fame?
    [13:44:56] ­MATANDO
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:45:00] ­xa...
­- dice:
    [13:45:00] ­literalmente
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:45:02] ­buf
    [13:45:03] ­que forte
­- dice:
    [13:45:05] ­pero ben pensado...
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:45:16] ­pero o mais forte e o rebaño de seguidoras que ten
­- dice:
    [13:45:19] ­hai cousas igual de chungas
    [13:45:28] ­estan os que programan suicidios en masa
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:45:29] ­que lle rien as gracias e lle dan a razon
­- dice:
    [13:45:33] ­as paxinas de pederastia
    [13:45:44] ­se estas pirado
    [13:45:51] ­sempre podes atopar amigos por internet
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:45:54] ­si, pero esas que dis estan prohibidas
    [13:46:04] ­non e facil encontralas
    [13:46:13] ­eu esta encontreina "sin querer"!!!
­- dice:
    [13:46:17] ­vaia
    [13:46:20] ­pois non che sei
    [13:46:25] ­non me dou por probar XD
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:46:32] ­jur, que forte
    [13:46:34] ­en fin...
­- dice:
    [13:47:41] ­espero qeu cheguemos a ver algo de control en internet
    [13:47:49] ­"censura"
    [13:48:09] ­a min pareceme terrible
    [13:48:12] ­pero non so esas cousas
    [13:48:27] ­tamen cousas como videos humillantes que cada dous por tres
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:48:33] ­si
­- dice:
    [13:48:34] ­ves na tele
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:48:42] ­eu teño un que me segue nun blog que teño
    [13:48:52] ­que un dia me deu por mirar a ver de que ia o seu
­- dice:
    [13:48:54] ­as veces penso que a xente lle ten que estar afectando a contaminacion
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:48:57] ­e case me da un patatus
­- dice:
    [13:49:01] ­o mercurio, o alumino ou eu que sei
    [13:49:05] ­e ten fallos no sistema nervios
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:49:07] ­jajajajajaja
­- dice:
    [13:49:07] ­en masa
    [13:49:13] ­en serio, as veces pensoo en serio
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:49:14] ­pode ser, pode ser...
­- dice:
    [13:49:17] ­pq é que non é normal
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:49:18] ­iso que dis da para unha novela
    [13:49:20] ­:p
    [13:49:37] ­si, si, si non me parece totalmente descabellado, en serio...
- dice:
    [13:49:38] ­vale, que unha parte a podes explicar polo tema da DESENSIBILIZACIÓN PROGRESIVA
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:49:49] ­sip
­- dice:
    [13:49:55] ­é dicir, o final PARECE normal joder a xente para botarse unhas risas
    [13:50:04] ­pero chegan a uns extremos...
    [13:50:09] ­parece que todo esta permitido
[...]
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:52:55] ­hay moitas cousas "raras" no comportamento das persoas
­- dice:
    [13:52:55] ­o gordo é o descontrol da xente
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:53:10] ­por exemplo, suponse que nos animais o olfato e fundamental para as suas relacions
­- dice:
    [13:53:13] ­pero esta claro que se o cerebro lles funciona mal...
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:53:28] ­pero as persoas disfrazamos por completo os nosos olores naturais
    [13:53:51] ­polo que as respostas naturais seguramente se ven afectadas
    [13:54:03] ­eso por poñer un exemplo, claro...
    [13:54:14] ­...
    [13:54:24] ­o mundo acabase, ten razon a avoa de X...
­- dice:
    [13:54:29] ­XD
­[...]
    [13:57:54] ­Sí, hai que falar coa avoa de X
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:57:55] ­clarametne
    [13:57:57] ­si
- dice:
    [13:58:02] ­que ben pode montar unha secta
    [13:58:08] ­e ser a suma sacerdotisa
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:58:08] ­si
- dice:
    [13:58:12] ­XD
    [13:58:27] ­so con dicir que o mundo se acaba xa ten un monton de seguidores asegurados
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:59:07] ­xD
    [13:59:24] X se ha unido a la conversación
­pepajul@yahoo.es dice:
    [13:59:28] ­xD
- dice:
    [13:59:28] ­oes, X...
    [13:59:34] ­estamos pepa e eu aqui pensando...
    [13:59:38] ­que o mundo se acaba
    [13:59:41] ­e digo eu
    [13:59:46] ­xa que tantas persoas coincidimos
    [14:00:07] ­non cres que a tua avoa lle cundiria montar unha secta e facese a suma sacerdotisa da secta?
    [14:00:11] ­disque son bastante rentables
    [14:00:18] ­ela pon unha tunica branca
    [14:00:25] ­e sae dicindo que o mundo se acaba
    [14:00:34] ­e pepa ti e eu saimos en plan lugartenientes
­pepajul@yahoo.es dice:
    [14:00:41] ­xD
- dice:
    [14:00:54] ­para darlle importancia non deixamos qeu ninguen se achegue a ela
    [14:01:02] ­e falamos das suas iluminacions
    [14:01:15] ­faste un blog de eso
    [14:01:19] ­pos unha foto
    [14:01:29] ­e en unha semana tes unha lexion de pirados
­pepajul@yahoo.es dice:
    [14:01:31] ­jo, -, telo todo pensado...
­- dice:
    [14:01:38] ­ai, pepa
­pepajul@yahoo.es dice:
    [14:01:45] ­coa mesma, se a avoa de fran non quere, facemolo coa tua
­- dice:
    [14:01:45] ­hai que identificar o`portunidades
    [14:01:58] ­ata agora ainda podias comprar pisos e revendelos a pobres desgraciados
    [14:02:07] ­que se hipotecaban ata as orellas
    [14:02:15] ­para ter un piso no que so podian entrar de canto
    [14:02:28] ­ou poñer un taller de costura explotar as señoras
­    [14:02:40] ­é imposible chuuparlle mais sangre a xente
­    [14:02:59] ­e é imposible explotar ás señoras máis que ós chinos
­[...]
X dice:
    [14:07:16] ­vos tomades algo

viernes, 3 de diciembre de 2010

El cásting

Ya he vuelto del cásting. Bueno, hace un par de horitas. Estaba bonito el paisaje medio blanco por la nevada, jeje.

Por supuesto me perdí. Hasta la salida de la autopista bien, claro, pero en cuanto llegué a la primera rotonda a la entradade la ciudad, ya la lié, y la seguí liando, una y otra vez... en total 1 hora vagando por ahí... por arte de magia pasaba de estar en el centro de la ciudad a las afueras, y viceversa, y en ningún momento sabía donde estaba... muy agobiante... hasta que al final, y de pura casualidad, veo "Facultade de Filoloxía", y yo sabía que tenía que estar cerca de la de Ciencias da Comunicación, a la que tenía que ir, porque cuando por la mañana estuve buscando en Google Maps lo había visto.

Una vez aparcada, encontré la facultad de Ciencias de Comunicación preguntando, porque ni que fuera una base secreta del ejército de incógnito, ni un letrero ni un nada, y más muerta en viernes por la tarde que el show de los leones. Enté, pregunté por el cásting y me dice la conserja: "en el aula 7, ahí a la vuelta, subiendo a la izquierda". Doy la vuelta a la esquina que me señalaba y veo en frente de mi 2 opciones para "subiendo": unas escaleras y una rampa. Mi talento para perderme no falló, escogí las escaleras y no era, y aquello era laberíntico que te cagas, en serio, el arquitecto debía de ser un iluminado de cuidado... ¡por poco no soy capaz de volver sobre mis pasos para volver al pie de las escaleras y subir por la rampa!

Pero sí, lo conseguí, encontré el aula a tiempo, entré, y una chica me dio las indicaciones pertinentes. En realidad era una especie de examen escrito (en galego, por supuesto):


1. ¿Por qué te decidiches a participar neste cásting?

Sempre me gustaron este tipo de concursos, e xa desde nena quería participar en algún, escribín cartas a moitos, e incluso xa participei en algún cásting antes, pero aínda nunca o conseguín...

2. ¿Xa participaches antes en algún cásting de Cifras e Letras?

Non, de Cifras e Letras nunca.

3. ¿Tés algún talento especial, ou manía, ou vicio?

Sí. Teño un talento inigualable para perderme. Son capaz de perderme no meu propio barrio, e por moitas explicacións que se me dean. De feito para vir aquí tardei desde A Coruña máis de unha hora e media, vindo por autopista, e despois de botar toda a mañá estudiando o Google Street View para chegar.

4. ¿Saíches algunha vez na televisión?

Sí, unha vez, polo San Xoán, facía un tempo malísimo, chovendo e todo, e estaba cos amigos facendo festa e barbacoa na praia de Riazor, viñeron falar connosco de Localia Coruña. Ah, e outra vez, estando en Lisboa, liáronme pola rúa para que cantase o noso pai... eu pensaba que era unha especie de broma, pero ao dia seguinte dixéronme que saíra na version portuguesa de "Popular TV" :S

5. ¿Tés algunha anécdota ou algo especial ou interesante que contarnos?

Aparte das infinitas veces que me perdín parecendo imposible, e o de cantar o noso pai na tele... pois dunha volta nun transporte público en Senegal, un señor empezou a berrar comigo en wolof, que eu non lle entendía nada, outro empezoulle a berrar a él, e cando o primeiro se baixou, explicoume que me estaba preguntando que se era un home, porque segundo el ia vestida de home (bermudas e camiseta), e él, o segundo, dixéralle que ben se vía que era unha muller, que non fora retrasado, e que por culpa de xente coma el tén África tan mala prensa fóra, e non evolúe. ¡Foi moi impresionante!


¿Qué os parece? ¿me llamarán? (¿entendéis el gallego leído?)

jueves, 6 de mayo de 2010

Pobres ordenadores

... qué culpa tendrán, para que siempre les caigan las leches a ellos...

El siguiente video está más visto que... algo que esté muy visto... pero no me canso, es que me meo, y me quita el estress cuando me da por pensar cosas feas de mi trabajo: la realidad es que yo tengo un trabajo estupendo :D





Otro que tuvo un mal dia en el curro fue este señor... ¡¡impresionante!!





Ains...

sábado, 17 de mayo de 2008

Día das letras galegas

Hoxe (esperei a propósito a que deran as doce para publicar isto) é o Día das Letras Galegas. Pareceume bonito celebralo largando un responso por esta miña lingua querida. Digo responso no sentido de oración polos defuntos e tamén no de amoestación extensa. O defunto é a lingua galega. Os receptores da amoestación, os lingüísticos, políticos, e híbridos de ámbalas dúas especies que, pouco a pouco, van acabando con ela.

O galego é a miña primeira lingua. Cando comecei na escola non sabía falar outra cousa. É a lingua que asocio á famila, ó cariño e á tenrura. Para aloumiñar un neno pequeno ou un animaliño non me sae outra. Tamén me cae mellor que o castelán para falar dos meus propios sentimentos, e canto máis aprecio a alguén, máis quero falarlle galego. A miúdo, falando en castelán, tamén noto que me faltan palabras que en galego coñezo, e non sei se é que realmente o galego é máis rico ou se simplemente é que o domino mellor, a pesares de todo. Porque ao contrario non me acontece. Moitas outras palabras parécenme, simplemente, máis bonitas en galego. E durante toda a miña formación académica non recordo que nunca sacara en galego unha nota por debaixo do sobresaínte.

Pois a pesares de todo isto, cando escribo en galego síntome moito máis insegura que cando o fago en castelán. E para ler tamén me sinto menos áxil. E non se imaxina ninguén a pena que me da iso.

Parte do problema é o costume, terei que admitilo, porque en galego practicamente non voltei escribir desde que acabei o instituto, e a ler case que tampouco. E para complicalo máis aprendín portugués, e agora teño unha mistura de moito ole. Pero con todo e con iso, encontro que a culpa non é miña, ou polo menos non miña. E un pouco coma aquela de que "entre todos la mataron y ella sola se murió".

Temos a normativa oficial, que estaría bárbaro se estivesen tódolos lingüistas de acordo con ela e deixaran de tocar o carallo. Pero non, temos esta merda de situación de discordia entre autonomistas, reintegracionistas e lusistas (se che interesa o tema fai clic, a mín non me apetece entrar en detalle) que o complica todo. A simple vista parece que non, porque podes pensar, "vale, Pepa, pero a oficial é a aceptada pola maioría dos galegos, así que non debe haber problema". Pero haino. Porque colles un libro publicado en galego e pode estar en calquera das normativas, e cando xa liches varios de cada tés dentro da cabeza un cacao maravillao que nin diola. Xúrdenche dúbidas que cando estudiabas nunha soa normativa non tiñas. Por exemplo, ¿ponse til en "lingua"? ¿acepta a normativa as formas en -vel, como amável? ¿ponse guión en peinar-se, levantar-se, etc? (para o que conteste correctamente nos comentarios, sen consultar, e sen vacilacións, un gallifante -extranxeirismo).

Pero cando te acaban de matar e cando sacan unha normativa oficial "da concordia". É dicir, cando collen aquela que considerabas intocable, palabra de Deus, e a prostitúen, meténdolle cambios que nin entendes a qué veñen, porque non che parecen galego (levas falando esa lingua toda a vida e nunca tal oíches), nin che apetece aprender agora que xa non che van poñer nota. E daquela todas aquelas dudas acadan un volume novo, porque xa podes estar seguro de cómo era, pero agora precisas saber tamén se o cambiaron. E moi friqui tés que ser para coller agora de adulto e poñerte a chapar iso.

Para colmo de males, o cambio de normativa a min pilloume en Lisboa. Cando voltei na TVG dicían grazas e eu flipaba. Ata ás pelis do oeste de pola tarde, que son máis vellas que as pedras do camiño, lles cambiaran a dobraxe para facelo así. Hai quen pensa que agora, segundo a normativa oficial, se aceptan as dúas formas, grazas e gracias, pero non, a segunda considérase un castelanismo. Dos demais cambios, con algúns estiven de acordo e con outros non (coa nula autoridade que teño para estalo, todo hai que dicilo), pero o das grazas matoume. Home, ho, que é a primeira palabra que se aprende sempre nunha lingua, non me fodas cambiando precisamente iso. A fórmula de agradecemento é iso, unha fórmula, e cambiala está feo. Podería entender cambiar a palabra gracia por graza en tódolos outros contextos, pero non na fórmula de agradecemento. É máis, o que de verdade me gustaría facer sería recorrer Galicia, vila por vila, comprobando como o din os vellos, aínda xogaba algo a que non atopo un que diga grazas. E daquela ¿por qué? Por diferenciación con respecto ó castelán, supoño. Pois amigos, defendo e penso que defenderei sempre que o galego é unha linga aparte, distinta do castelán e distinta do portugués, pero penso que non se lle poden obviar os séculos de historia, e se o castelán influíu na súa evolución, influiu e listo, hai que amolarse, non porque algo se diga en galego da mesma maneira que en castelán vamos ter que inventar (ou desenterrar) algo para que facelo distinto.

Así é que a min dáme pena, pero non penso que vaia escribir moito máis en galego no futuro, porque, a dicir verdade, e sen ánimo de polemizar, se teño que escribir algo prefiro que sexa en castelán, que non me plantexa ningunha dificultade, porque practicamente todo o que lin en castelán ao longo da vida seguía a mesma normativa, e de ler, apréndese a escribir e ata a falar.