Hoxe (esperei a propósito a que deran as doce para publicar isto) é o Día das Letras Galegas. Pareceume bonito celebralo largando un responso por esta miña lingua querida. Digo responso no sentido de oración polos defuntos e tamén no de amoestación extensa. O defunto é a lingua galega. Os receptores da amoestación, os lingüísticos, políticos, e híbridos de ámbalas dúas especies que, pouco a pouco, van acabando con ela.
O galego é a miña primeira lingua. Cando comecei na escola non sabía falar outra cousa. É a lingua que asocio á famila, ó cariño e á tenrura. Para aloumiñar un neno pequeno ou un animaliño non me sae outra. Tamén me cae mellor que o castelán para falar dos meus propios sentimentos, e canto máis aprecio a alguén, máis quero falarlle galego. A miúdo, falando en castelán, tamén noto que me faltan palabras que en galego coñezo, e non sei se é que realmente o galego é máis rico ou se simplemente é que o domino mellor, a pesares de todo. Porque ao contrario non me acontece. Moitas outras palabras parécenme, simplemente, máis bonitas en galego. E durante toda a miña formación académica non recordo que nunca sacara en galego unha nota por debaixo do sobresaínte.
Pois a pesares de todo isto, cando escribo en galego síntome moito máis insegura que cando o fago en castelán. E para ler tamén me sinto menos áxil. E non se imaxina ninguén a pena que me da iso.
Parte do problema é o costume, terei que admitilo, porque en galego practicamente non voltei escribir desde que acabei o instituto, e a ler case que tampouco. E para complicalo máis aprendín portugués, e agora teño unha mistura de moito ole. Pero con todo e con iso, encontro que a culpa non é miña, ou polo menos non só miña. E un pouco coma aquela de que "entre todos la mataron y ella sola se murió".
Temos a normativa oficial, que estaría bárbaro se estivesen tódolos lingüistas de acordo con ela e deixaran de tocar o carallo. Pero non, temos esta merda de situación de discordia entre autonomistas, reintegracionistas e lusistas (se che interesa o tema fai clic, a mín non me apetece entrar en detalle) que o complica todo. A simple vista parece que non, porque podes pensar, "vale, Pepa, pero a oficial é a aceptada pola maioría dos galegos, así que non debe haber problema". Pero haino. Porque colles un libro publicado en galego e pode estar en calquera das normativas, e cando xa liches varios de cada tés dentro da cabeza un cacao maravillao que nin diola. Xúrdenche dúbidas que cando estudiabas nunha soa normativa non tiñas. Por exemplo, ¿ponse til en "lingua"? ¿acepta a normativa as formas en -vel, como amável? ¿ponse guión en peinar-se, levantar-se, etc? (para o que conteste correctamente nos comentarios, sen consultar, e sen vacilacións, un gallifante -extranxeirismo).
Pero cando te acaban de matar e cando sacan unha normativa oficial "da concordia". É dicir, cando collen aquela que considerabas intocable, palabra de Deus, e a prostitúen, meténdolle cambios que nin entendes a qué veñen, porque non che parecen galego (levas falando esa lingua toda a vida e nunca tal oíches), nin che apetece aprender agora que xa non che van poñer nota. E daquela todas aquelas dudas acadan un volume novo, porque xa podes estar seguro de cómo era, pero agora precisas saber tamén se o cambiaron. E moi friqui tés que ser para coller agora de adulto e poñerte a chapar iso.
Para colmo de males, o cambio de normativa a min pilloume en Lisboa. Cando voltei na TVG dicían grazas e eu flipaba. Ata ás pelis do oeste de pola tarde, que son máis vellas que as pedras do camiño, lles cambiaran a dobraxe para facelo así. Hai quen pensa que agora, segundo a normativa oficial, se aceptan as dúas formas, grazas e gracias, pero non, a segunda considérase un castelanismo. Dos demais cambios, con algúns estiven de acordo e con outros non (coa nula autoridade que teño para estalo, todo hai que dicilo), pero o das grazas matoume. Home, ho, que é a primeira palabra que se aprende sempre nunha lingua, non me fodas cambiando precisamente iso. A fórmula de agradecemento é iso, unha fórmula, e cambiala está feo. Podería entender cambiar a palabra gracia por graza en tódolos outros contextos, pero non na fórmula de agradecemento. É máis, o que de verdade me gustaría facer sería recorrer Galicia, vila por vila, comprobando como o din os vellos, aínda xogaba algo a que non atopo un que diga grazas. E daquela ¿por qué? Por diferenciación con respecto ó castelán, supoño. Pois amigos, defendo e penso que defenderei sempre que o galego é unha linga aparte, distinta do castelán e distinta do portugués, pero penso que non se lle poden obviar os séculos de historia, e se o castelán influíu na súa evolución, influiu e listo, hai que amolarse, non porque algo se diga en galego da mesma maneira que en castelán vamos ter que inventar (ou desenterrar) algo para que facelo distinto.
Así é que a min dáme pena, pero non penso que vaia escribir moito máis en galego no futuro, porque, a dicir verdade, e sen ánimo de polemizar, se teño que escribir algo prefiro que sexa en castelán, que non me plantexa ningunha dificultade, porque practicamente todo o que lin en castelán ao longo da vida seguía a mesma normativa, e de ler, apréndese a escribir e ata a falar.
sábado, 17 de mayo de 2008
lunes, 10 de marzo de 2008
"Amigos de los perros"
El otro día os puse un post sobre la protectora de animales de la tía de mi amiga Txiqui. Pues hoy sale el caso en La Voz de Galicia. Si alguien quiere echarle un vistazo a la noticia, tener un indicio más de que es cierto, y todo eso, pues eso, aquí queda.
jueves, 6 de marzo de 2008
Si leéis comentad, cabrones!!
La ilusión que hace recibir comentarios, leñe, y los pocos que tengo... y lo peor de todo es la gente que luego me viene diciendo "que sepas que te sigo, aunque no te comente". Pero leñe, ¿qué tenéis en contra de manifestaros? ¿Que no tenéis opiniones sobre las cosas, o qué? ¡Comentad, malditos!¡No seáis tímidos! ¿Es que no sabéis que cada vez que no comentáis Dios mata a un gatito? (si esto ultimo os ha sonado rarísimo o no sabéis a qué viene tenéis dos opciones. A) ignorarlo, al fin y al cabo no es más que una friquez soberana. B) investigar, y cuando sepáis a que viene... ¡comentaaaaaaaaarrrrrrrr!!!)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)